Friday 19 de April de 2024

O Concello retira a duna de Riazor e prepara a praia para a tempada de verán


Os traballos para eliminar a duna de area que protexe o Paseo Marítimo dos temporais comezan hoxe

O Concello da Coruña acondicionará desde hoxe a praia de Riazor para a tempada de verán. Os labores para a eliminación da duna de area instalada ao longo do areal comezan hoxe, luns 16. Ao logo do día chegará ata o areal a marquinaria precisa para levar a cabo os traballos.

A duna de area instálase cada ano na praia de Riazor para protexer o Paseo Marítimos das inclemencias meteorolóxicas do mar durante os meses de outono e inverno. Coa chegada do bo tempo, como cada ano, o Concello aplanará a area para o uso e gozo deste espazo da cidade. Os labores prolongaranse durante os vindeiros días, en función das mareas e da climatoloxía.

Desde a concellaría de Medio Ambiente constatan que esta foi unha tempada invernal senapenas incidencias no mar. Non houbo que actuar integramente sobre a duna e só houbo que intervir parcialmente en dúas ocasións para reforzar a estrutura de area para as xornadas de temporal.

A praia de Riazor e o resto de areais da cidade prepáranse xa para a tempada de verán, que comezará o próximo 15 de xuño. A semana pasada anunciouse que as cinco praias urbanas da Coruña manteñen un ano máis a Bandeira Azul, o que constata a calidade das augas do baño e dos servizos dos areais.